• aRegionalista

    • Tienda
  • Cómo llegar
    Horario comercial

aRegionalista

aRegionalista

Categorías
Libro Germán V. Soneira "O Gaiteiro dos Lamas"

Libro Germán V. Soneira "O Gaiteiro dos Lamas"

REF 00006
10.00€
Disponible
1
Información del producto

 

“Para ser un bo ghaiteiro hai que faser farra e tocar a rachar”

Baixo esta premisa botou a andar a V Edición de ‘Persoeiros da terra’ que tivo como protagonista a don Germán V. Soneira, o derradeiro músico activo da charanga dos Hnos. Lamas de Cornide (Calo -Teo).

A publicación recolle a pasaxe musical na vida dun gaiteiro de vella escola do que descubriremos tesouros como a capacidade de tanxer a gaita e cantar ao mesmo tempo. As melodías recompiladas forman parte da súa andaina vital desde os 11 aniños que acompañou a comparsa de Entroido (a música da danza de Entroido do Ulla); o paso pola banda do rexemento e, como non, as pezas máis simbólicas e destacadas da charanga dos Lamas (muiñeiras, jotas, pasodobres, pasa corredoiras, rumbas, valses, marchas...). A emigración ocupa un papel destacado neste percorrido: a viaxe a Brasil en barco durante varios días, o paso pola orquestra Los chicos de España (fundada no Brasil)... Un percorrido reflectido en máis de trinta pezas para o cal colaboraron músicos da Regionalista e do grupo Alvariza.

A vitalidade e sentimento deste home transmitida a través da gaita herdada de seu pai Ramón trasládanos a unha época onde cada gaiteiro era recoñecido pola súa sonoridade, repertorio e forma de tanxer o instrumento. Un tesouro etnográfico co que desfrutar.

Mostrar más
Comparte este producto con sus amigos
CompartirCompartirFíjelo
Libro Germán V. Soneira "O Gaiteiro dos Lamas"
  • Mi cuenta
  • Seguimiento de pedidos
  • Cesta
Mostrar precios en:EUR
Compartir Compartir Pin
© aRegionalista Notificar uso indebido Configuración de cookies
Realizado con